jueves, 4 de marzo de 2010

Visita a Agrupación Local Socialista de Xinzo de Limia

Onte día 3 de marzo, mercores, a segunda cita cás Agrupacións Locais Socialistas da provincia de Ourense tivo como escenario a de Xinzo de Limia. Nese encontro eu como Coordinador LGTB do PSdeG-PSOE en Ourense tiven a ocasión de compartir a velada cá Portavoz do Grupo Socialista na Corporación municipal de Xinzo, Elvira Lama, e cas/os militantes e rapazas/es de Xuventudes Socialistas de Xinzo. Ademais de trasladarlle as propostas do Grupo LGTB Ourensan e Galego, nas que se atopan a implantación progresiva dos Servizos de Mediación e Información LGTB , ademais das actividades feitas e as previstas a facer a curto e medio prazo.

Nesta segunda cita acompañoume un histórico dos Socialistas Ourensás como Jose Antonio Barroso.

Asimesmo con intención de declarar o Día 17 de Maio como Día Internacional Contra a Homofobia e a Transfobia trasladareille a portavoz municipal socialista unha moción pra aprobar, en visperas desa data, polo pleno municipal. Cabe sinalar que según Amnistía Internacional persiguese en 70 paises a homosexualidade e en 8 penase ca morte.

Con respecto os Servizos de Mediación e Información tamén cabe como inciso apuntar que onte abriuse no Concello de Lugo este servizo municipal, os meus parabens, espero velo pronto implantado no Concello de Ourense e resto de Concellos que compoñen a provincia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario