viernes, 27 de noviembre de 2009

Primeiro contacto directo no rural

Na primeira andaina polo entorno rural e comarcal da provincia de Ourense. Onte día 26 de novembro tivo lugar o meu primeiro encontro ca Agruación Local do PSdeG-PSOE de Carballiño, colectivos sociais e veciñais.

No encontro tamén asistiu a Secretaria de Igualdade da Executiva Provincial, Patricia Nogueira, a Secretaria de Política Social e Concelleira de Cultura, Educación e Xuventude no Concello de Carballiño, Asunción Rivero o Concelleiro de Deporte, Comercio e Turismo tamén no Concello de Carballiño, José Manuel Dacal , así como o Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense, Jonathan da Silva, o Vicesecretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense, Juan José Nogueira e diversos militantes, simpatizantes e demais veciños.

No encontro que tivo lugar na sede socialista local abriuse un debate en torno a como se vive a homosexualidade nunha zona comarcal como é Carballiño. Nese encontro tamén se apostou por repetilo para poder dese xeito incrementar a participación e que outros veciños teñan a oportunidade de dalo seu punto de vista sobre o tema.

Este primeiro encontro encadrase dentro do percorrido que iniciei onte polas zonas pequenas e illadas da provincia de Ourense.

jueves, 26 de noviembre de 2009

Manifesto do Grupo LGTB do PSdeG-PSOE no Día Contra a Violencia de Xénero

Parece contraditorio ter que seguir poñendo días para celebrar causas nun mundo globalizado onde cada quen pode estar ao tanto do que sucede nas antípodas da súa cadeira pero moitas veces esquece que na porta do lado os berros non son de ledicia, senón froito do exercicio de dominación dunha persoa sobre outra.

O día 25 de novembro celébrase o Día Mundial pola Eliminación da Violencia contra a Muller, un problema que lonxe de diminuír, consolídase, enquístase e faise un lastre que semella pesar máis cada día que pasa sen cambios. Ninguén ten dereito a exercer a violencia sobre os/as seus compañeiros/as, e neste día no que se lembra a situación de violencia na que viven moitas mulleres que sofren malos tratos dos seus compañeiros, tamén hai que falar de todo o resto de persoas que viven unha situación de violencia habitual, independentemente do seu sexo biolóxico ou do da súa parella.

Como sector da poboación discriminado por séculos, as xentes homosexuais e transexuais teñen a obriga de sumarse ás reivindicacións das mulleres que toman as rúas neste día, que traballan todo o ano por rematar con esta forma de dominación e inxustiza. O colectivo LGTB ten sido tradicionalmente o que seguiu ao das mulleres en índice de agresións polo simple feito de ser parte dun colectivo que pode chegar a pasar desapercibido se se invisibiliza, forzando así á mesma situación de silencio, de violencia na sombra e de dominación.

Por iso, como colectivo, gustaríanos sumarnos á loita das nosas compañeiras e lembrarnos das que, dentro do colectivo LGTB, sofren violencia a cotío: amas de casa, profesionais de diferentes sectores, traballadoras do sexo e todas aquelas voces silenciadas e maltratadas polo feito de seren consideradas inferiores.

Grupo LGTB do PSdeG-PSOE

sábado, 21 de noviembre de 2009

Comunicado de apoio do Coordinador do Grupo LGTB do PSdeG de Ourense a Plataforma Galega polo Dereito a Decidir



Como Coordinador Provincial do colectivo homosexual e transexual do PSdeG de Ourense quisera denunciar a actitude vergoñenta unha vez maís do Partido Popular en temas tan delicados que afectan a dignidade do ser humano e sua política do recorte en temas sociais. Nos como colectivo xa padecimos o trato humillante do PP en visperas da aprobación da Lei de matrimonios cando o 18 de xuño do ano 2005 sairon collidos da man co Foro da Familia e a Conferencia Episcopal para intentar pisotear os nosos dereitos na rúa. E volverono a facer atacando o Proxecto de Lei de Saude Sexual e Reproductiva e Interrupción Voluntaria do Embarazo unha vez maís.

Os datos estan ahí maís de 115.000 abortos registrados o ano pasado. Esto implica que se tomen cartas no asunto e se proceda sen trabas a tramitación parlamentaria da Lei.

Ainda que nos atopemos co partido do non e do recorte social. O PSdeG-PSOE fixo na anterior legislatura do bipartito unha política social enerxica que se plasmou fundamentalmente, no ano 2007, nunha Lei galega do tratamento e prevención da violencia de xénero e unha Lei galega de traballo en igualdade para potenciala discriminación positiva das mulleres.

E mentras tanto o PP o único que fixo nada mais acadar o poder foi ver por onde podía practicar a incisión do recorte. De feito baraxaron a posibilidade de quitar o complemento de 200 € das pensións non contributivas e logo a posteriori recortaron nas partidas orzamentarias as cantidades asinadas os colectivos de minusvalidos nun 75,4 %, que traducindose en euros redúcense de 4,8 millons de euros asinados para esta causa polo bipartito a duas partidas xenéricas de 1,2 millons de euros en total.

Esta amigas e amigos e a política social chapuzera do Partido Popular. Machista, porque quere obligarvos a vos mulleres, impondo a sua decisión, sobre a vosa maternidade, retrograda e cavernaria. Pero fronte a esa política esta a da moderación e a que ten e comparte os problemas da xente cos pes na terra como fai o Partido Socialista de Galicia.

Sen mais animarvos que vos sumedes masiva e progresivamente a esta Plataforma polo dereito a decidir. Un saudo.

viernes, 13 de noviembre de 2009

Obras son amores y no buenas razones. Despropósitos del PP (II)

Cando uns adicanse a lexislar pro conxunto da cidadanía e do interese xeral:

Medidas aprobadas e publicadas nos Diarios Oficias correspondentes

Goberno de J.L.Rodríguez Zapatero:

- Ley 1/2004, de 28 de diciembre, de Medidas de Protección Integral contra la Violencia de Género.
- Ley 39/2006, de 14 de diciembre, de promoción de la autonomía personal y atención a personas en situación de dependencia.
- Ley 3/2007, de 22, de marzo, para la Igualdad Efectiva entre mujeres y hombres.
- Ley 13/2005, de 1 de julio, por la que se modifica el Código Civil en materia de derecho a contraer matrimonio.

Goberno Autonómico Bipartito da Xunta de Galicia (Maio de 2005 – Marzo de 2009)

- Lei 2/2007, de 28 de marzo, de Traballo en Igualdad das Mulleres en Galicia.
- Lei 11/2007, de 27 de Xulio, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

*o cadro anterior (de normas lexislativas) mostra as medidas mais relevantes en política social feitas polo actual Executivo central e autonómico no Goberno bipartito.

Outros mentres tanto o único que fan é caer na descalificación constante:

- José María Aznar (Presidente de Honor do PP, ex Presidente do Goberno español e Presidente da Fundación para o Analise e os Estudios Sociais): “ La unión entre homosexuales no puede ser llamada matrimonio porque esto ofende a la población”.

A anterior cita pronunciouna no ano 2006, por sorte xa non estaba na Presidencia do Goberno de España. Para este señor nos debemos ser extraterrestres, xa que collendo o pé da letra o que dixo, nos non formamos parte do conxunto poboacional deste país.

Pero o malo, amigas e amigos, non so queda ahí senon que a actual clase dirixente do Partido Popular non dista moito dos señores que mandaban antes. E mais atreveriame a decir que e unha mala copia dos anteriores.

Outra mostra de despropósitos foi o vertido polo señor Consejero de Salud da Comunidade Autónoma de Madrid, actualmente exercendo o seu cargo público, o señor Juan José Güemes os gays somos e palabras textuais del:

- “Es un homosexual con estudios que, haciendo uso de sus conocimientos, consigue prebendas políticas y subvenciones del erario público. Con la anuencia de toda la izquierda”.

A parte de insultar as persoas votantes do PSOE chamandoas “ciudadasnos”, incrible o deste señor. Pero a realidade e esta. Esto e o que publica, no seu blog do PP de Madrid, un cargo de esta xerarquía. Preocupese señor Güemes dos tremendos problemas que lle causa a cidadanía de Madrid ca sua pesima xestión do sistema sanitario madrileño e olvidese das descalificacións ofensivas que non so fixo disto.