sábado, 21 de noviembre de 2009

Comunicado de apoio do Coordinador do Grupo LGTB do PSdeG de Ourense a Plataforma Galega polo Dereito a Decidir



Como Coordinador Provincial do colectivo homosexual e transexual do PSdeG de Ourense quisera denunciar a actitude vergoñenta unha vez maís do Partido Popular en temas tan delicados que afectan a dignidade do ser humano e sua política do recorte en temas sociais. Nos como colectivo xa padecimos o trato humillante do PP en visperas da aprobación da Lei de matrimonios cando o 18 de xuño do ano 2005 sairon collidos da man co Foro da Familia e a Conferencia Episcopal para intentar pisotear os nosos dereitos na rúa. E volverono a facer atacando o Proxecto de Lei de Saude Sexual e Reproductiva e Interrupción Voluntaria do Embarazo unha vez maís.

Os datos estan ahí maís de 115.000 abortos registrados o ano pasado. Esto implica que se tomen cartas no asunto e se proceda sen trabas a tramitación parlamentaria da Lei.

Ainda que nos atopemos co partido do non e do recorte social. O PSdeG-PSOE fixo na anterior legislatura do bipartito unha política social enerxica que se plasmou fundamentalmente, no ano 2007, nunha Lei galega do tratamento e prevención da violencia de xénero e unha Lei galega de traballo en igualdade para potenciala discriminación positiva das mulleres.

E mentras tanto o PP o único que fixo nada mais acadar o poder foi ver por onde podía practicar a incisión do recorte. De feito baraxaron a posibilidade de quitar o complemento de 200 € das pensións non contributivas e logo a posteriori recortaron nas partidas orzamentarias as cantidades asinadas os colectivos de minusvalidos nun 75,4 %, que traducindose en euros redúcense de 4,8 millons de euros asinados para esta causa polo bipartito a duas partidas xenéricas de 1,2 millons de euros en total.

Esta amigas e amigos e a política social chapuzera do Partido Popular. Machista, porque quere obligarvos a vos mulleres, impondo a sua decisión, sobre a vosa maternidade, retrograda e cavernaria. Pero fronte a esa política esta a da moderación e a que ten e comparte os problemas da xente cos pes na terra como fai o Partido Socialista de Galicia.

Sen mais animarvos que vos sumedes masiva e progresivamente a esta Plataforma polo dereito a decidir. Un saudo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario