miércoles, 10 de noviembre de 2010

“Os socialistas sentímonos orgullosos da Lei do Matrimonio Homosexual e de Interrupción Voluntaria do Embarazo"

Vázquez sinala que en Galicia “Feijóo, Louzán e Baltar son sinónimo de transfuguismo, porque son os que compran as vontades políticas neste país con diñeiro público”


Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2010.- O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, afirmou hoxe que o socialismo galego síntese “orgulloso” da ampliación de dereitos sociais que supuxo a aprobación da Lei de Matrimonio Homosexual e da Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo e sinalou que “non compartimos para nada que o destino da muller sexa traballar na súa casa”. Vázquez resumiu así a postura do PSdeG tras as palabras de Bieito XVI durante a súa visita a Santiago de Compostela e Barcelona esta fin de semana.


Respecto á visita do Papa a Santiago, Vázquez sinalou que o Goberno galego “perdeu unha oportunidade para poñer a Galicia ante os ollos de todo o mundo” debido a que “estivo máis pendente de ofrecer unha imaxe do Goberno galego e de Feijóo que de Galicia”.


Vázquez apuntou que as palabras de Bieito XVI “non necesitan interpretación” e reiterou a confianza do PSdeG nas políticas sociais do Goberno de Zapatero, e o “orgullo” por ter aprobado leis que da dereitos aos cidadáns independentemente da súa opción sexual ou amplía os dereitos da muller, como a Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo.


Engadiu que “non compartimos para nada que o destino da muller sexa traballar na súa casa” e sinalou que “si en España aumenta o laicismo, a Igrexa terá que mirar cara a si mesma para saber por que”.


“A cidadanía galega mandou tamén a súa mensaxe, que deixa claro que a Igrexa ten que ter os cometidos da Igrexa, e o Estado os do Estado”, sinalou.


Engadiu que “non é correcto que a Igrexa fale de cuestións do Estado, mentres que Estado é aconfesional, e como tal ten que ser respectuoso e distante coa Igrexa”. Nesta liña, defendeu que o socialismo galego tivo “un comportamento razoable e de Estado” no recibimento ao Papa, mentres o Goberno galego “desaproveitou unha oportunidade histórica para Galicia”.

miércoles, 20 de octubre de 2010

SATISFACCIÓN DO GRUPO GALEGO LGTB DO PSdeG-PSOE POLA SENTENZA DO DOBRE CRIMEN HOMOFOBO DE VIGO

Fito Ferreiro, coordinador do grupo galego LGTB do PSdeG sinalou que “por fin fíxose xustiza, e foi castigado uns dos crimes homófobos mais sanguentos da nosa comunidade, onde foron asasinados dous mozos gais”.

Ferreiro apuntou que “ fíxose xustiza grazas a forza e ao tesón da mai dun dos agredidos, así como tamén o movemento social galego, e en espacial grazas aos colectivos LGTB”. “Un colectivo que leva moitos ano traballando e que dende o primeiro momento se mobilizou ente este crime homófobo”

Neste senos lembrou que “o grupo LGTB do PSdeG, 7 Cores manifestouse diante do TSXG para pedir que se repetira o xuízo, como finalmente aconteceu.

O coordinador sinalou que “sentimos unha liberación pola sentencia e esperamos que esta serva de exemplo para que no volva a acontecer nunca máis un crime motivado pola razón de orientación sexual ou de xénero”.

Ademais, denunciou que “ si o primeiro xurado tivera un coñecemento verdadeiro da realidade homosexual a súa sentencia sería outra”. “O xurado con toda probabilidade non houbera deixado libre a este asasinado por un medo insuperable a ser violado por dous chicos”, sentencia que se baseaba no suposto e que consideramos con una de las más homófobas que existen na nosa comunidade.

jueves, 23 de septiembre de 2010

Artículo do diario "La Región" con motivo do II Xantar pola Visibilidade Lesbica, Transexual, Bisexual e Homosexual no Rural

Homosexuales y visibles


El grupo LGTB (Lesbianas, Gays, Transexuales y Bisexuales) del PSOE reivindicó ayer en Castrelo de Miño el derecho a poder vivir cada uno en su tierra, en este caso en el rural, sin temor a ser agredido o rechazado.

Sabela Pinal. castrelo - 19-09-2010 Fue toda una jornada reivindicativa de la visibilidad homosexual en el medio rural. Los socialistas compartieron mantel en el recinto del Club Náutico de Castrelo de Miño, en un día espléndido y ante un espectacular paisaje. Ha sido el tercer encuentro organizado por el colectivo LGTB (Lesbianas, Gays, Transexuales y Bisexuales), después de las dos anteriores ediciones celebradas en Monterroso (Lugo) y que en esta ocasión tuvo un significado muy especial por la reciente agresión que sufrió una pareja en A Coruña y el reinicio del juicio contra el imputado por el asesinato de otros dos homosexuales en Vigo.

El coordinador del grupo en la provincia de Ourense, José Manuel Montero, considera que este tipo de iniciativas son interesantes, porque reivindican algo tan sencillo como que 'todas as persoas poidan vivir na súa terra con independencia da orientación sexual que teñan'. El LGTB nació en el seno del Partido Socialista y de ahí la presencia ayer de algunos representantes políticos como la directora del Instituto de la Mujer, Laura Seara, y del senador Miguel Fidalgo, entre otros. 'Estamos arroupados polo partido pero o que nos gustaría é que acudieran máis veciños, porque de feito o xantar está aberto a todo o mundo', señalaba Montero.

Laura Seara aprovechó el momento para reclamar a la Xunta 'que impulse servizos de mediación para o colectivo de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais, que sirvan para apoiar e asesorar a un colectivo que a día de hoxe segue a ser obxecto de discriminación social, previndo a repetición de casos de xenofobia'.

Mientras, el coordinador del grupo LGTB en el PSOE, Fito Ferreiro, apostaba 'por loitar contra a homofobia con educación, visibilidade e normalización para superar o medo ao descoñecido, que é o que provoca rexeitamento cara nós', según señaló.

jueves, 16 de septiembre de 2010

II Xantar pola Visibilidade Rural Lgtb

Este sábado 18/09/2010 no Concello de Castrelo de Miño (o carón do Club Nautico) celebrase por segundo ano consecutivo o II Xantar pola Visibilidade Rural Lgtb. Esperamos contar cá vosa asistencia.

jueves, 9 de septiembre de 2010

Reunión con responsables da Agrupación Local do PSdeG-PSOE de San Cibrao das Viñas

Despois do periodo vacional de verán comeza o curso de traballo político. Este curso de traballo comezou cunha reunión cás responsables do PSdeG-PSOE do Concello de San Cibrao das Viñas.

Neste encontro cordial intercambiaronse opinións así coma as propostas do grupo lgtb do PSdeG ourensano e galego. A moción pra declarar o 17 de Maio como o Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia, a proposta de implantación dos Servizos municipais de Información e Mediación lgtb, así coma o desexo de que unha vez de que o PSOE acade o Goberno municipal do Concello de San Cibrao facer unha actividade similar o Coruña visible. Ademais dun analise de situación do lgtb ourensano.

No encontro estiveron presentes por unha banda a Sª Xeral da Agrupación Local do PSdeG-PSOE, Yolanda Cid, así coma a Sª de Organización da Agrupación Local do PSdeG-PSOE, Bibiana Iglesias , e eu coma Coordinador do Grupo Lgtb do PSdeG-PSOE de Ourense.

martes, 29 de junio de 2010

MANIFIESTO DEL PSdeG-PSOE EN EL DÍA DEL ORGULLO LGTB 2010

POLÍTICAS PARA TRANSFORMAR

O 28 de xuño afianzouse internacionalmente como a ocasión para a reivindicación global do orgullo e a dignidade de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais. É unha boa ocasión para rexeitar a discriminación por xénero, por identidade e por orientación sexual, así como a violencia física e simbólica e mais a opresión a que esta conduce. Un bo momento para denunciar asemade calquera outra situación de discriminación e falta de respecto pola dignidade e os dereitos humanos. É un día de solidariedade e de demandas, expresadas alto e claro.

Este ano queremos recoñecer ás persoas transexuais, que saltaron á vangarda do movemento LGTB para reclamar atención, dereitos e a fin de situacións que lles afectan. As persoas transexuais son un dos colectivos máis excluídos socialmente, como poñen de manifesto os informes elaborados pola Comisión Europea, sendo obxecto dunha importante discriminación nos eidos laboral e educativo. Aínda hoxe se mantén a transexualidade no catálogo de enfermidades mentais da OMS, o que xerou un importante movemento de activistas e profesionais da saúde solicitando a súa eliminación como patoloxía.

Neste sentido, convén sinalar o Acordo do Consello de Ministros do pasado 14 de maio no que solicita á Organización Mundial da Saúde a
eliminación da transexualidade do catálogo de enfermidades mentais durante o proceso de revisión que está a realizar actualmente este organismo, en consonancia cos estudos e a evidencia científica. Así mesmo, convén lembrar que a iniciativa do Ministerio de Sanidade, o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde deu luz verde á inclusión da atención á transexualidade na carteira de servizos comúns a través de hospitais de referencia.

É momento de celebrarmos tamén as políticas emprendidas polo Goberno socialista durante os últimos seis anos para transformar a realidade española cara a unha sociedade máis aberta e plural, que valore a diversidade e dea a cada cal o trato e recoñecemento que merece. Nas dúas últimas lexislaturas, as mulleres e homes socialistas impulsamos cambios lexislativos de grande impacto social e xurídico, como o dereito a contraer matrimonio entre persoas do mesmo sexo e o dereito de adopción conxunta, ou a Lei que recoñece o dereito á identidade de xénero das persoas transexuais.

Estas medidas viñeron acompañadas doutras de menor calado social,
pero de igual importancia, como a reparación moral e económica ás vítimas de persecución por orientación sexual e identidade de xénero na ditadura franquista, o respecto á diversidade sexual e familiar mediante a materia de Educación para a Cidadanía, a incorporación da poboación LGTB nos plans estatais de inclusión social, a loita internacional contra a homofobia e polos dereitos das persoas LGTB no mundo, co recoñecemento do 17 de maio como Día contra a Homofobia e Transfobia, a inclusión entre os obxectivos do Plan Director da Cooperación Española 2009-2012 do fortalecemento daquelas organizacións que traballan polo recoñecemento dos dereitos de persoas excluídas por razón da súa orientación sexual, a garantía do dereito á maternidade conxunta das parellas de mulleres lesbianas e bisexuais casadas mediante a modificación da Lei sobre Técnicas de Reprodución Humana Asistida, así como os esforzos en prevención, atención e tratamento do VIH-SIDA, ou a erradicación dos comportamentos homófobos no ámbito deportivo mediante a Lei contra o racismo, a xenofobia e a homofobia no deporte. Medidas que, unha a unha e en conxunto, foron creando un novo marco de dereitos e convivencia que fixeron de España un dos países máis avanzados na garantía de dereitos ás persoas LGTB.

Ao cumprirse o quinto aniversario da entrada en vigor da Lei que permite o matrimonio entre persoas do mesmo sexo e o dereito á adopción conxunta, non debemos esquecer que esta Lei, que tanta felicidade e igualdade trouxo ao noso país, segue recorrida ante o Tribunal Constitucional polo Partido Popular. Un partido que se opuxo a todas e cada unha das iniciativas que durante estes anos fixeron avanzar ao noso país en igualdade, dignidade e xustiza.

Valorando os logros teremos máis forza para seguir avanzando cara a unha meirande igualdade real das persoas transexuais, homosexuais e bisexuais na nosa sociedade. Un esforzo de progreso e transformación que terá o seu reflexo na Lei de Igualdade de Trato e Non Discriminación que prepara o Goberno para combater a discriminación de calquera tipo e fomentar a diversidade como un valor primordial que merece protección.

Recoñecendo o traballo e a labor das organizacións de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais que protagonizaron esta loita, e desexando que o PSOE siga a ser o seu mellor aliado para seguir impulsando políticas para transformar, convocamos a todas as mulleres e homes militantes e simpatizantes do Partido Socialista e a toda a sociedade aos actos conmemorativos e reivindicativos do Día do Orgullo LGTB que se convocaron en todo o territorio español e especialmente á manifestación estatal que terá lugar o vindeiro sábado, 3 de xullo, en Madrid.

Santiago, 28 de xuño de 2010.

viernes, 21 de mayo de 2010

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO PARLAMENTO DE GALICIA DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A HOMOFOBIA

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO PARLAMENTO DE GALICIA DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A HOMOFOBIA

Esta declaración institucional foi respaldada pola totalidade da cámara galega a iniciativa do Grupo Parlamentario Socialista, que deu traslado así ó Parlamento galego das demandas plantexadas polo grupo de homosexuais e transexuais dos socialistas galegos.

Cando se cumpren 20 anos dende que a Asemblea Xeral da Organización Mundial da Saúde suprimiu a homosexualidade da súa lista de enfermidades mentais, é necesario mostrar a nosa solidariedade cos millóns de persoas que en todo o mundo seguen a sufrir graves discriminacións por razón da orientación sexual ou identidade de xénero e facer un chamamento a cidadanía e ás institucións públicas para erradicar a homofobia e a transfobia.

Os avances producidos a nivel legal para a erradicación das discriminacións por orientación sexual, non eliminan a persistencia desta na nosa sociedade. Por iso é unha labor das institucións traballar na loita contra estas discriminacións.
Tanto os poderes públicos como os e as cidadáns temos a obriga de axudar a sensibilizar e traballar a prol da igualdade real das persoas.

A información e a educación son os camiños para acadar unha sociedade máis xusta, onde as persoas poidan vivir en sintonía coa súa orientación sexual en todas as nosas vilas e cidades. O contexto actual esixe unha visibilidade máis cotiá que ofreza a realidade do colectivo homosexual e transexual en toda a súa diversidade dunha maneira positiva.

Os poderes públicos tamén deben loitar contra a transfobia homofobia, en todos os ámbitos da sociedade, especialmente durante a adolescencia, cando se está formando a personalidade e somos máis vulnerables, facendo plans especiais contra o “bullying”.

É importante lembrar que a nivel internacional a homofobia a transfobia e a bifobia poden ter forma da lei que condena as relacións sexuais entre persoas do mesmo sexo, como acontece en 80 países, ou incluso pena de morte, como acontece 8 nacións.


O Parlamento de Galicia condena estas discriminacións por motivos de orientación ou identidade sexual ou de xénero e considera que deben ser erradicadas, apoia a declaración do Día Internacional contra a homofobia, transfobia e bifobia e traballará para que a ONU urxa aos estados a tomar todas as medidas necesarias, lexislativas ou administrativas, para asegurar que a orientación sexual ou identidade de xénero non poida ser, baixo ningunha circunstancia, base para a acción penal.


O Parlamento de Galicia comprométese a traballar activamente contra a homofobia, transfobia e a bifobia e a efectivizar as previsións legais que prohiben a discriminación por razón de orientación sexual.