domingo, 28 de febrero de 2010

O GRUPO LGTB DO PSdeG SORPRENDIDO POLO DESCOÑECEMENTO QUE TEN O COLECTIVO COLEGAS DA REALIDADE DO ACTIVISMO HOMOSEXUAL E TRANSEXUAL EN GALICIA

As actitudes provocadoras que emprega COLEGAS cara OS MEMBROS DA CORPORACION MUNICIPAL DE COMPOSTELA non axudan na loita pola igualdade real das persoas LGBT.

Patrocinar o único Festival de Cine LGTB que se celebra na nosa comunidade, apoiar a organización do ORGUIO LGTB GALEGO que se celebra en Santiago, coa súa manifestación, actividades e a festa na Praza da Quintana, colaborar cos colectivos CGC e BOGA de Compostela en actividades educativas en colexios e institutos. E nestes intres o Concello de Santiago está a estudar a posta en marcha do “servizo de mediación e información LGTB”, proxecto que lle foi presentado por nós, o grupo LGTB do PSdeG-PSOE.

¿Isto é non facer nada ploas persoas LGTB de Compostela?

O servizo de mediación e información LGTB, que o poría en funcionamento a Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Santiago, atendería ás xentes LGTB, as súas familias e amigos en todo aquelo referente ó seu afectivo-sexualidade. Tamén impartiría charlas educativas en institutos e colexios da cidade. Outra das tarefas sería levar a cabo campañas de información LGTB e de loita contra a homofobia.

Ademais recordámoslles que neste Concello goberna o PSOE, partido cuxo goberno en España aprobou as leis que nos deron o dereito a contraer matrimonio e a conseguir a igualdade legal. Gostaríanos que o Señor Rafael Moral pedira nas súas multiples comparecenzas públicas que o PP retirara o recurso de inconstitucionalidade que ten presentado, unha peticion que nós realizamos sempre publicamente.

Mais vemos que Rafael Moral, o presidente de COLEGAS GALICIA, COLEGAS CASTILLA-LA MANCHA, COLEGAS CASTILLA-LEON, membro da EXECUTIVA DE COLEGAS SEVILLA, COLEGAS MALAGA e SECRETARIO DE XUVENTUDE DE COLEGAS ESPAÑA, nos nove meses que leva en Galicia non se decatou do que sucede no mundo homosexual galego.

É certo que moito non puido aprender xa que non gusta de relacionarse cos outros colectivos nin activistas galegos. ¿Que base social ten e en que se basea para presentarse como único representante dos GAIS, LESBIANAS e TRANSEXUAIS da nosa comunidade?

Aquí tamén existen colectivos como CGC e BOGA de SANTIAGO, NÓS MESMAS de VIGO, MILHOMES, MARIBOLHERAS PRECARIAS e ALAS de A CORUÑA, ALAS de LUGO, AGLET OURENSE, TRANSGALIZA, ATURUXO e O GRUPO LGTB do PSdeG-PSOE, algúns dos cales leva máis de 20 anos traballando polos dereitos e igualdade das persoas LGTB.

Queremos ademais denuciar a actitude hostil que emprega contra os Alcaldes, concelleiros e concelleiras, Presidentes das deputacións e outros cargos do PARTIDO SOCIALISTA. Facedonlles a vida imposible, esperando fora dos despachos e incluso as veces ultizando unha lenguaxe non propio como fixo coa concelleira de A Coruña, Silvia Longueira.

Ou o enfadarse co persoal do Concello de Santiago por pedirlle os estatutos do seu Colectivo para poder realizar algún proxecto. Por certo que nos gustaría coñecer o proxecto ó que se refire e para o que pide 3.000 euros. Cremos que cualquera axuda dunha institución pública ten que facerse conforme á lei e darlla a colectivos legalmente constituídos. Preguntámonos tamén se actúa do mesmo xeito cos representantes dos outros partidos políticos. Actitudes como estas non favorecen ó noso colectivo e poden entorpecer a loita pola nosa IGUALDADE e VISIBILIDADE.

Pedimos a Rafael Moral que polo ben da xente LGTB e do activismo galego modere a súa actitude e se comporte educadamente. E que se quere axudar e traballar polo noso colectivo que xunte forzas coas persoas que levamos anos traballando aquí. Nós o invitamos a traballar conxuntamente e cando queira reunirémonos con el.



FITO FERREIRO SEOANE
Coordinador do grupo LGTB do PSdeG-PSOE

JOSÉ MANUEL MONTERO
Coordinador do grupo LGTB do PSdeG-PSOE de Ourense

martes, 5 de enero de 2010

Balance do ano 2009

O ano 2009 e seu remate presentouse cun balance positivo sen ánimo de caer na autocomplaciencia e dende unha perspectiva, na que gardando a debida cautela, sexa o maís autocrítica posible.

Doume por satisfeito no referente a que os temas do colectivo homosexual e transexual comezanse a tratar de forma normalizada nas zonas interiores da Galicia rural. Proba delo foi o I Xantar pola Visibilidade rural lgtb celebrado na localidade lucense de Monterroso o 26 de setembro do 2009.

Pero poñome, tamén a vez, cunha perspectiva crítica o rexistrar Ourense, con máis de 330.000 veciños censados, 7 matrimonios homosexuais celebrados no 2008, segundo o Instituto Nacional de Estadística, nesta provincia. Cabe sinalar que é unha das tasas nupciais homosexuais das máis baixas de España e tendo en conta que creceron un 10% en todo o conxunto nacional con respecto a 2007.

Neste tema tomei cartas no asunto e proba delo foi a primeira, das sucesivas, reunións que fixen cá Agrupación Local socialista de Carballiño o 26 de novembro. Trasladeille as propostas tanto do Grupo Galego como do Grupo LGTB provincial de Ourense.

Presentaremos tamén as nosas propostas para a ponencia política de primaveira na cual cabe apuntar que temos moito que dicir. Sobre todo na vindeira e inminente reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia na que instamos que se copie o modelo catalán que os poderes públicos promovan, expresamente, a igualdade das distintas unións estables de parella (segundo o artigo 40.7 do Estatuto catalán) para acadar o culmén da igualdade xurídica en Galicia.

E dende o Grupo LGTB do PSdeG de Ourense propoño a reforma constructiva da Lei de Violencia de Xénero para que casos como o asesinato de dous homes en Vigo non queden impunes e que se establezan sancións exemplarizantes e fagase primar o valor da xustiza. Aproveito tamén o solidarizarme con Marta Pérez Triviño o mal trago de perder un fillo e un golpe duro para calquera nai ou pai así como o acoso o que estivo sometida.

Finalmente e no momento dos agradecementos, agradecer a todas e todolos militantes o apoio mostrado e moi especialmente a Laura Seara (Secretaria de Igualdade, Movementos Sociais e Emigración do PSdeG), a Patricia Nogueira (Secretaria de Igualdade da Executiva Provincial de Ourense do PSdeG), a Jonathan da Silva (Secretario Xeral da Agrupación local de Ourense de Xuventudes Socialistas), a Juan José Nogueira (Vicesecretario Xeral segundo da Agrupación local de Ourense de Xuventudes Socialistas), neste camiño que iniciouse o 30 de xuño de 2009 e que previsiblemente continuara o vindeiro ano.

Aproveito a maiores do balance realizado felicitar públicamente polo nomeamento de Laura Seara Sobrado como Directora General del Instituto de la Mujer, sen dubida un fichaxe prometedor do Ministerio de Igualdad, e coñecendo a Laura vai loitar para que a palabra IGUALDADE sea real e efectiva en todala sua extensión. Noroboa e parabens.

domingo, 13 de diciembre de 2009

Visita do Coordinador Galego do Grupo LGTB do PSdeG-PSOE a Ourense

O xoves 10 de decembro tivo lugar a primeira visita de Fito Ferreiro, Coordinador Galego do Grupo LGTB do PSdeG-PSOE, a Ourense na que tiveron lugar diversos encontros con representantes institucionais e políticos para trasladarlles as nosas propostas.

O primeiro foi a maña ca Concelleira de Benestar e representante do Grupo Municipal Socialista de Ourense, Marga Martín. Nese encontro trasladouselle a necesidade de proceder a creación dos servizos de mediación e intervención lgtb (adxuntandolle informes técnicos) así como a de facer unha actividade en Ourense similar o Coruña visible entre outras cousas.

O segundo encontro foi cos medios na sede socialista as cinco da tarde na que intervimos, a Secretaria de Igualdade da Executiva Provincial do PSdeG de Ourense, Patricia Nogueira, Fito Ferreiro e eu, como Coordinador Provincial do Grupo LGTB do PSdeG en Ourense.

A primeira (Patricia Nogueira) enmarcou os logros acadados por gobernos progresistas ca marca dos socialistas neste país.

O segundo pola contra fixo un chamamento a aqueles titeres do PP que presumen de ser tan amigos deles (dos do PP) e non lle piden que retiren o vergoñento recurso interposto perante o Tribunal Constitucional.

Por último eu resaltei as actividades feitas por o Grupo LGTB socialista galego como ó I Xantar pola Visibilidade Rural e a intención de repetilo o ano que ven en Ourense, xa que o primeiro fixose na localidade lucense de Monterroso. Así como a intención de seguir percorrendo as Agrupacións socialistas locais da provincia de Ourense en busca de apoio para o Grupo LGTB. Ademais da posibilidade de facer actividades similares o Coruña visible.

E a última reunión foi ca Agrupación de Xuventudes Socialistas de Ourense, na cual trasladamoslle o seu titular, Jonathan Da Silva, as propostas do Grupo LGTB socialista con respecto a mozidade e a intención de repetir o reparto de preservativos en vindeiras edicións do Día Mundial na Loita Contra o SIDA conxuntamente.

jueves, 3 de diciembre de 2009

Fiesta en el Face contra el SIDA



Con motivo del Día Mundial de la lucha contra el SIDA, las Xuventudes Socialistas de Ourense celebran este viernes, 4 de diciembre, en el pub FACE "La fiesta del condón" a partir de la una y media de la madrugada.

martes, 1 de diciembre de 2009

Comunicado do Grupo LGTB do PSdeG-PSOE en Ourense no Día Internacional Contra o SIDA




Quixeramos solidarizarnos nun día como hoxe cas persoas que teñen SIDA e tamén cos seus familiares xa que dun xeito indirecto están padecendo esta enfermedade. Tamén quixeramos instar os poderes públicos que sigan investindo en I+D+i xa que só de esta forma poderemos gañar esta batalla contra esta devastadora enfermedad.

viernes, 27 de noviembre de 2009

Primeiro contacto directo no rural

Na primeira andaina polo entorno rural e comarcal da provincia de Ourense. Onte día 26 de novembro tivo lugar o meu primeiro encontro ca Agruación Local do PSdeG-PSOE de Carballiño, colectivos sociais e veciñais.

No encontro tamén asistiu a Secretaria de Igualdade da Executiva Provincial, Patricia Nogueira, a Secretaria de Política Social e Concelleira de Cultura, Educación e Xuventude no Concello de Carballiño, Asunción Rivero o Concelleiro de Deporte, Comercio e Turismo tamén no Concello de Carballiño, José Manuel Dacal , así como o Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense, Jonathan da Silva, o Vicesecretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense, Juan José Nogueira e diversos militantes, simpatizantes e demais veciños.

No encontro que tivo lugar na sede socialista local abriuse un debate en torno a como se vive a homosexualidade nunha zona comarcal como é Carballiño. Nese encontro tamén se apostou por repetilo para poder dese xeito incrementar a participación e que outros veciños teñan a oportunidade de dalo seu punto de vista sobre o tema.

Este primeiro encontro encadrase dentro do percorrido que iniciei onte polas zonas pequenas e illadas da provincia de Ourense.