martes, 28 de julio de 2009

Carta de presentación do Coordinador Provincial de Ourense do Grupo Sectorial de Lesbianas, Gays, Transexuales e Bisexuais (LGTB)

Para quen non me coñeza, chámome José Manuel Montero López, e acabo de asumir un cometido incriblemente apaixonante, nun contexto como o desta provincia para un colectivo, o homosexual, no que a súa visibilidade non se caracteriza por ser tal a responsabilidade de coordinar o Grupo sectorial de Lesbianas, Gays, Transexuais e Bisexuais (LGTB) na provincia de Ourense.

Dende o PSdeG-PSOE invitamos a cidadanía a un debate aberto, no que tamén se vai escoitar non só o colectivo LGTB senón que tamén se terá en conta o que ten que dicir a comunidade heterosexual respecto a este tema.

Pero facendo unha invitación á igualdade, vou optar porque só se realcen as diferenzas entre o colectivo LGTB e a comunidade heterosexual cando haxa unha flagrante violación de dereitos, derivada dunha discriminación por razón de orientación ou identidade sexual. Xa que todas e todos formamos parte da comunidade social coas nosas diferenzas, que nos fan a cada unha e un, únicas/os e especiais.

Pretendemos que esta páxina sexa un Foro de comunicación en liberdade no que se poidan debater os diversos temas, sempre dentro dos límites que marcan a boa educación das persoas.

Valores como a liberdade, o respecto e a tolerancia marcarán as pautas desta páxina que poñemos á vosa disposición para o intercambio de opinións, noticias ou comunicacións que nos queirades achegar.

Pola miña parte pedirvos participación activa, sobre todo escoitando. Eu defenderei os principios, como dixen antes, que van mover esta canle de participación con receptividade á cidadanía. Neste espazo non caberán, insisto, os comportamentos intolerantes ou intransixentes, senón o respecto, a diversidade e a tolerancia.

E quero sinalarvos que o PSOE, cunha actitude decidida, apostou acertadamente por articular os mecanismos en tódolos ámbitos para facer efectivo o principio de igualdade constitucionalmente recoñecido, mentres que o PP optou e opta por ignorar a nosa realidade existente sistematicamente, facendo uso da política da avestruz, porque non lle agrada a parte da súa clase dirixente.

1 comentario: