martes, 20 de abril de 2010

Reunión con membros da Agrupación Socialista de Pereiro de Aguiar

O Xoves, 15 de abril, tivo lugar unha reunión na sede socialista de Ourense cá Agrupación de Pereiro de Aguiar pra recabar apoio ó Grupo de Lesbianas, Gays, Transexuais e Bisexuais do Partido Socialista de Galicia de Ourense.

Neste encontro estivo presente por un lado a Secretaria de Movementos Sociais da Executiva Provincial de Ourense, Marta González, o Sº Xeral da Agrupación de Pereiro de Aguiar, Jorge Gutiérrez, e o Concelleiro de Pereiro de Aguiar, Cesar Grande ademais de eu, coma Coordinador do Grupo LGTB do PSdeG – PSOE de Ourense.

Na reunión diuselle traslado da moción municipal pra declarar o día 17 de Maio como Día Internacional Contra a Homofobia e a Transfobia, así como os informes técnicos, para unha eventual implantación, dos Servizos de Información e Mediación LGTB, ademais das actividades feitas, facendo especial mención o Concurso de Relatos Curtos de Temática Homosexual e Diversidade de Xénro, e as previstas por facer, coma o Xantar pola Visibilidade Rural LGTB.

Este encontro e os seguintes encuadranse dentro das visitas as Agrupacións Socialistas da Provincia de Ourense.

No hay comentarios:

Publicar un comentario