jueves, 8 de abril de 2010

Visita a Agrupación Socialista de Piñor

A terceira visita as Agrupacións locais Socialistas da provincia de Ourense tivo como protagonista, nesta ocasión, a Agrupación de Piñor.

No día de onte, 7 de abril, puiden compartir a visita con Francisco Fraga, Alcalde de Piñor, Rosa Lorenzo, Tenente de Alcalde e Concelleira de Benestar Social entre outras persoas.

Nesta reunión pra dar a coñecer o Grupo de Lesbianas, Gays, Transexuais e Bisexuais (LGTB) do PSdeG-PSOE de Ourense así como as iniciativas institucionais e actividades desenroladas e a densenrolar. Tamén puiden comprobar como o Concello de Piñor volcase completamente, o ofertar unha grande aposta polas politicas socias, multiples actividades cara as veciñas e veciños dese Concello (Campañas antitabaco, actividades de muller, actividades con inmigrantes, entre outras). Asimesmo o compromiso do Alcalde de Piñor por levar a cabo no seu Concello actividades destinadas a comunidade LGTB.

Neste terceiro encontro acompañoume o Secretario Xeral da Agrupación de Xuventudes Socialistas de Ourense, Jonathan da Silva.

Este encontro, así coma os vindeiros, encadrase dentro do programa de actividades do Grupo LGTB do PSdeG de Ourense.

No hay comentarios:

Publicar un comentario