En primeiro lugar quero aclarar que esta entrada en absoluto vai contras as persoas católicas senón contra aqueles predicadores que excedense notoreamente das suas funcións espirituais e que prentenden lexislar nos púlpitos en función da sua moralidade e non do interese xeral.
Unha vez maís o colectivo homosexual sufre un antentado contra a súa dignidade e a sua liberdade individual. E unha vez maís este cruel atentado ven proferido das instancias eclesiásticas católicas.
O señor Tarsicio Bertone (Sº de Estado do Vaticano) debería explicar porque na igrexa belga, entre os anos 1992 e 1998, constan 300 demandas de abusos sexuais cometidos por sacerdotes con menores e nunca houbo sancións, e non o digo eu, o di un dos seus predicadores (o señor Rick Devillé). Pero non, o señor Bertone adicase afirmar que non hai relación entre celibato e pedofilia pero si existe relación entre homosexualidade e pedofilia.
O problema o teñen na sua casa, e un problema serio, que atenta en toda regra contra a dignidade e os dereitos dun infante e a culpa a temos nos os homosexuais, curiosa apreciación a deste señor.
Por desgracia non é a única vez que sentimonos agraviados por estes señores, que dicen ser predicadores da tolerancia e o amor o proximo.
En España, concretamente, o 18 de xuño do ano 2005 (en vísperas da aprobación da Lei que permitia o matrimonio entre persoas do mesmo sexo) querian provocar unha sublevación civil en contra da ampliación de dereitos dun sector da poboación civil e iban da man con señoras e señores do Partido Popular. En relación o da sublevación civil os feitos remitome o señor Martínez Camino na sua oposición a Lei de matrimonios homosexuais e segundo aseverou “haberia que actuar con todas as consecuencias en contra desta Lei” ese é o espiritu democrático que teñen.
Amigas e amigos reflexionade sobre o exposto anteriormente. Podería aportar moitas cousas mais, e aportareino, ainda que se lle de unha publicidade totalmente desafortunada por feitos tan deleznables. Como por exemplo o caso de certo arzobispo de Tenerife que xustifica os abusos a menores.
jueves, 15 de abril de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario