martes, 13 de octubre de 2009

Impresións sobre Monterroso e a visibilidade rural

Nun día como o de hoxe non podemos esquecernos que e o Partido Socialista de Galicia o que de cara a recobrar e aumentar maioritariamente a confianza do pobo galego tralas eleccións do un de marzo pon vontade e respalda e apoia este evento.

Un evento no que o Grupo LGTB deste partido mostramos unha serie de propostas serias que van dende a visibilización nas zonas mais illadas (como son os pobos pequenos e vilas), a educación e a cultura. Propostas tales como a elaboración dun protocolo de actuación contra a homofobia nas aulas e a realización incluso dun certamé de relatos cortos de temática homosexual. Así como tamén establecer sevizos de mediación lgtb en todolas Concellerias de benestar dos Concellos de Galicia.

No rural e un autentico descoñecemento como a poboación homosexual convive cos seus conveciños. Non existen datos, pero que non existan eses datos non quere decir que non os haxa.

Sen dubida a mais significativa e a que vai vencellada a educación e a cultura do respeto. Os datos estan ahí un 53,8 % dos alumnos/as deste país sufriron acoso escolar por motivo de orientación ou identidade sexual. So o 23% dos equipos docentes presta atención nos casos de homofobia nas aulas. Un de cada tres intentos de suicidios entre mozas e mozos deste país veñen dados por un motivo de discriminación por orientación ou identidade sexual. Os datos estan ahí e ante eles o que hai que buscar son solucións.

Ainda así a nosa función tamén vai ser denunciar todalas actitudes homofobas que o noso partido opositor ten. E tamén todalas actitudes que sexan en contra da igualdade de dereitos. O Goberno actual do PP na Xunta de Galicia, sigue apoiando as teses dos mais radicales da dereita galega e os feitos o demostran o seguir aumentado as axudas os centros privados do opus que permiten en pleno século XXI a segregación por sexo nas aulas.

O Partido Popular xa mostrou cal e a sua cara, non vale de nada que nos cambien en fai nada o seu secretario xeral (a nivel nacional) por unha muller ou o seu portavoz no Congreso dos Deputados por outra muller son xestos de cara a galería non vos engañedes. Xestos por outra parte que o que prentender facer e votar unha cortiña de fume ante a sua actitude vergoñenta en visperas da aprobación da lei que permitía o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Xestos tales como invocar a sua militancia (a do PP) a apoiar unha manifestación promovida polo Foro da familia. Na que se soltaron perlas tales como que tal medida iba a proceder a disolución da democracia.

Todo esto descrito anteriormente o fixeron esas señoras e señores do PP o 18 de xuño do ano 2005. Ante eso mais orgullo cidadán como proclamaba unha maravillosa Deputada que temos no Parlamento autonómico.

Non me quero tampouco extender moito mais so dar as gracias e pedir que eventos como o celebrado no día de hoxe non se queden so nun e que se sigan repetindo de forma reiterada. Republica, saude e fraternidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario