sábado, 20 de marzo de 2010

ACTIVIDADE DO GRUPO LGTB DO PSdeG-PSOE

O Grupo LGTB do PSdeG-PSOE presentou, onte día 20 de marzo, un concurso de relatos curtos de temática homosexual e de diversidade de xénero.

O acto de presentación fixose na cidade de Ourense na sede provincial do PSdeG-PSOE. Presentarono Laura Seara (Secretaría de Igualdade Movementos Sociais e Emigración do PSdeG e Directora General del Instituto de la Mujer), Fito Ferreiro (Coordinador Galego do Grupo LGTB do PSdeG) e José Manuel Montero (Coordinador do Grupo LGTB do PSdeG en Ourense).

Neste acto en calidade de invitados tamén estiveron presentes Marga Martín (Concelleira de Benestar do Concello de Ourense), Mª Remedios Quintas (Deputada autónomica e Sª de Organización da Executiva Provincial de Ourense), Patricia Nogueira (Sª de Igualdade da Executiva Provincial de Ourense), Jonathan da Silva (Sº Xeral da Agrupación de Xuventudes Socialistas de Ourense) entre outras persoas.

A efectos desta actividade habilitouse un blog que conten as bases que regulan este concurso asi como os prazos de presentación dos traballos interesados en participar. O blog é:

www.trasgrafiasvidasensetecores.blogspot.com

Esta actividade encuadrase dentro do programa de actividades e iniciativas a desenrolar polo Grupo LGTB do Partido Socialista de Galicia – PSOE.

Nesta presentación tamén aproveitamos a por de relieve a posta en funcionamento do Servizo de Información e Mediación LGTB no Concello de Lugo e tamén coma se están ultimando os preparativos para por en marcha o do Concello de Santiago que sumado o de Coruña xa serían tres Servizos de estas características funcionando plenamente na nosa Autonomía. Estos Servizos foron e son unha iniciativa do Grupo LGTB do PSdeG-PSOE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario