jueves, 11 de marzo de 2010

Manifesto Dia Interncional da Muller Traballadora

A desigualdade no mundo laboral, a desigualdade social, a desigualdade familiar, etc… entre outras. Estas son unhas das poucas desigualdades existentes no día a día dunha muller.

Desigualdades que nun día coma este salen, se cabe, mais a relucir. Pero o traballo non remata co feito de que saian a relucir senón de buscar solucións axeitadas pra cada unha das problemáticas existentes.

O compromiso dos poderes públicos e de promover a igualdade real e efectiva en todolos eidos. Non obstante teño unha feroz crítica contra a maneira que ten a actual Xunta de Galicia de abordar un tema de tan suma importancia como é a igualdade entre homes e mulleres. Despois de dezanove anos de traballo por parte do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller esta Xunta xa preparou un anteproxecto de Lei para anulalo dentro da estructura administrativa da Xunta de Galicia. Esta encuadrase nas políticas da suposta austeridade no gasto público.

Quixera que o que describin anteriormente fora a única vez que o Goberno actual da Xunta escupira nas políticas encamiñadas a promocionar a Igualdade pero non foi asi. E a segunda, xa cunha pareceme moito, pero pisotearon as políticas de igualdade por segunda vez. A primeira diria eu que foi cando aumentaron as axudas, con cartos públicos, os centros do opus que segregan por sexo nas aulas.

O Partido Popular de Galicia é cinico e deixou claro o respeto que lle merece a igualdade en Galicia. Ademais de facer mofa dela cando poñen a sua titular de traballo e benestar e o seu titular de economía e industria a facer o parvo na Praza do Obradoiro de Santiago.

En momentos coma este gustame, de novo, recordar a política en pro da igualdade e das mulleres feita na etapa da Xunta Bipartita que plasmouse fundamentalmente en duas Leis de gran calado. Por unha parte aprobouse no Parlamento de Galicia unha Lei Galega de Traballo en Igualdade e unha Lei Galega de Prevención de Violencia de Xénero, ambalas duas pioneiras e inexistentes no territorio galego.

Pero ainda asi na Galicia actual, as mulleres, segundo un estudio feito pola UGT e por CC.OO, sinalan que cobran un 25,5 % menos cos homes e só un 6% delas ocupa cargos de dirección nas empresas. En Ourense, concretamente, o paro feminino e dun 53%. Estos son datos que sendo obxetivos e realistas deixan moito que desear e piden un esforzo colectivo encamiñado a correxilos.


GRUPO LGTB DO PSDEG-PSOE DE OURENSE

No hay comentarios:

Publicar un comentario