domingo, 7 de marzo de 2010

O GRUPO LGTB DO PSdeG CONGRATÚLASE DA POSTA EN FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE MEDIACIÓN DO CONCELLO DE LUGO

DE INMEDIATO COMEZARÁ A FUNCIONAR O DE A CORUÑA E ESTASE TRABALLANDO NOS DE OURENSE E LUGO.

Na tarde do tres de marzo do presente ano 2010, mércores, empezou a funcionar o SERVIZO DE MEDIACIÓN E INFORMACIÓN LGTB do CONCELLO DE LUGO. Este servizo que atenderá ás persoas homosexuais, bisexuais e transexuais, esta no CENTRO DE CONVIVENCIA MARUJA MAYO, e atenderá ó publico os mércores de 17:00 a 21:00, ou ben chamando ó teléfono 982297505 ou a través do correo electrónico medicaionlgtb@concellodelugo.es.

Agradecerémosvos que lle désedes publicidade a estes contactos para que o servizo poida chegar a toda a poboación.

O servizo de MEDIACIÓN E INFORMACIÓN LGTB créase coa finalidade de
asesorar a todas aquelas persoas que se acheguen en busca de orientación ou denuncia de casos de homofobia, mobbing ou calquera tipo de problema relacionado coa súa persoa e en relación a cuestións que afecten ó seu “ser” LGTB. A xente poderá contactar por telefono, mediante e-mail ou en persoa. Tamén está dirixido a familiares, amigos, colectivos, etc. Xa que cremos que hai momentos onde OS PAIS E NAIS son as persoas que máis desorientadas se atopan, por elo é interesante poder chegar ata eles.

Tamén se levarán a cabo charlas en institutos e colexios de forma que se combatan as diferentes actitudes homófobas manifestas nos centros de educación por parte do alumnado, ademais de tratar de sensibilizar ó profesorado con respecto a posibles alusións ou comentarios que poidan confundir a seu alumnado. Estas charlas poderanse realizar tamén en calquera tipo de asociación que o solicite, así como sindicatos, facultades, etc. Este servizo porá ademais en marcha campañas sobre “a diversidade afectivo sexual”, “contra a homofobia”…

Cremos que con este SERVIZO, creado polo CONCELLO DE LUGO e A CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE, dáse un paso pola igualdade real das persoas lesbianas, gais, transexuais e bisexuais e a loita contra a homfobia.

O grupo LGTB do PSdeG-PSOE ten pensado presentar este proxecto nas cidades de VIGO, PONTEVEDRA e FERROL que se unirían a LUGO, A CORUÑA, SANTIAGO e OURENSE nesta primeira etapa, para logo ir avanzando nas cabeceiras de comarca da nosa comunidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario